Entrevista en Praza.gal sobre el libro Políticas para la Igualdad y los permisos por nacimiento

La entrevista que me hizo Marcos Pérez Pena para Praza.gal sobre el libro Políticas para la Igualdad y el papel de los permisos por nacimiento está accesible en el propio diario digital. Aqui publico un breve avance, os recomiendo leer la entrevista completa en Praza.gal  (en galego)

Os permisos por nacemento intransferibles funcionan como acelerador dun cambio cultural

Carmen Castro García vén de publicar Políticas para la igualdad. Permisos por nacimiento y transformación de los roles de género (Catarata), un libro no que analiza con detemento os efectos que a aplicación de permisos por nacemento individuais, intransferibles e correctamente remunerados terían para un reparto equilibrado das tarefas de coidados e para diluír a actual división sexual do traballo. Na obra, a autora incide na necesidade de facer fincapé no traballo por unha “democratización das familias”, imprescindible para acadar unha democratización real da sociedade.

MPP: O libro constitúe unha defensa dos efectos positivos que en varios niveis poden ter as políticas públicas de igualdade. Que transformacións poden provocar?

CCG: Si, considero que poden ter un papel potenciador da transformación social incidindo sobre todo na dilución da división social do traballo. E poden levar a mudanzas de comportamentos dentro das propias familias, o que para min é a base para despois establecer un marco de democratización real na sociedade. Pero non todas as políticas públicas teñen esa capacidade de facelo: para que sexan verdadeiramente transformadoras hai que deseñalas sendo conscientes do impacto que poden ter nas hoxe desiguais estruturas de relación de poder e nas asimetrías xerárquicas.

MPP: En concreto incides na importancia que podería ter a aplicación de permisos por nacemento individuais e intransferibles, cun deseño moi concreto para garantir o seu efecto positivo…

CCG: É unha pequena peza das políticas públicas e segundo a configuración dos diferentes elementos que a conforman poden ter un efecto multiplicador moi importante. A análise que fixen do estado desta cuestión nos 27 países da UE lévame a concluír que funcionan como acelerador de comportamento masculino de cara a asumir responsabilidades de coidado e de crianza dos seus fillos e fillas. Pero só cando os permisos son individuais, intransferibles e ben remunerados, isto é: cando non implican unha perda económica, co 100% do salario. Ademais, como os permisos por nacemento deberían existir para calquera persoa que sexa proxenitora -independentemente de como se forman as unidades de convivencia- o que eu propoño no libro é que sería mellor falar de permisos por nacemento e non de permisos de maternidade ou paternidade. Porque entre os e as proxenitoras pode non haber un pai ou unha nai e porque é o nacemento o que xera o feito impoñible, a necesidade deste dereito. Como toda prestación contributiva, debería estar baseada nun criterio de tratamento igualitario: o mesmo feito (ser pai ou nai) ten que concederche o mesmo dereito, independentemente do sexo e da tipoloxía de familia.

MPP: Que efectos positivos terían estes permisos intransferibles, ademais dun obvio mellor reparto do tempo de coidados entre homes e mulleres e dunha maior implicacións dos homes na crianza dos seus fillos e fillas?

 

Seguir leyendo la entrevista completa en Praza.gal

Deja un comentario