Empoderamento económico das mulleres e xustiza de xénero

Hace un año ya de mi vuelta a Galicia. Cómo pasa el tiempo! 😉 Y para celebrarlo os comparto este artículo que acaba de salir publicado en el monográfico sobre Feminismos (os) de la Revista Grial, (nº 210): Empoderamento económico das mulleres e xustiza de xénero‘. La publicación del artículo, en gallego, ha sido posible por la invitación de Marilar Aleixandre (recientemente elegida como integrante de la Real Academia Galega) quien ha coordinado este monográfico, y por la valiosísima colaboración de Paula Ríos en cuestiones de traducción y revisión linguística del artículo en gallego. (Ver sumario de la revista Grial nº 210)

Me siento especialmente agradecida a ambas, por haber posibilitado mi primera publicación en gallego de esta nueva etapa 🙂

Os comparto estas breves líneas con las que empieza …

 

IMG_Grial_210_feminismo

‘Empoderamento económico e xustiza de xénero’

Que credibilidade pode ter un proceso de transformación social que non se cuestione os mecanismos de exclusión estrutural? Como xustificar un proceso constituínte que manteña o sistema de opresión social? É a xustiza social o resultado desexado para unha nova organización socio política e económica? é máis, pode existir xustiza social sen xustiza de xénero?

Todas estas cuestión ben poderían formar parte dos debates políticos no artellamento dos movementos de emancipación, soberanía e procesos constituíntes, máxime cando a equivalencia humana é asumida como principio ético. E neste contexto, non hai dúbida de que o empoderamento económico das mulleres emerxe como estratexia posibilitadora da equidade de xénero.

Nun contexto como o actual, de grande vulnerabilidade social, puidese parecer que hai outras prioridades ás que atender que se antepoñen á igualdade de xénero; con todo, sería un erro considerar que as necesidades básicas de supervivencia, os dereitos sociais e a necesidade de avanzar na transformación social son excluíntes entre si; todo o contrario, de non abandonarmos xa a pose de “falsa neutralidade”, deixando de asumir a aceptación relativa da desigualdade e a opresión de xénero como parte da cotidianidade, estaremos a tolerar implicitamente a existencia dun sistema de baixa calidade democrática. Acaso a desigualdade de xénero non é un problema social a resolver?

As inxustizas económicas e culturais están estreitamente relacionadas entre si e atravesadas polas inxustizas de xénero. Trátase da marca distintiva do capitalismo patriarcal, entendendo este como un determinado orde social institucionalizado no que interaccionan tres procesos capitalistas (acumulación, expropiación e exclusión) coa configuración dun réxime de xénero determinado, entre outros elementos, polo traballo remunerado, o traballo de coidados e os usos dos tempos que realizan mulleres e homes.

(O artigo completo? na Revista Grial nº 210)

 

Deja una respuesta